Rural

A Xunta destaca o empredemento como clave para fixar poboación no rural

O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Ignacio Lema, destacou en Bande que o emprendemento é unha peza clave para desenvolver a economía das zonas rurais.

ondacero.es

Ourense |

curso empredemento para fixar pobación no rural | xunta de galicia

No curso, cofinanciado nun 80% polo Fondo Social Europeo (FSE), participaron 27 persoas, que contaron con titorías adecuadas ás necesidades dos proxectos para facilitar a consolidación de novas iniciativas empresariais e para facilitar o autoemprego e crecemento de empresas. Do total dos participantes, 15 proxectos xa están en marcha, e outros esperan desenvolver as súas iniciativas proximamente. Na súa intervención, o director da Axencia Galega da Industria Forestal sinalou que todas as iniciativas, centradas en ámbitos como o posicionamento dixital no mercado do moble, iniciativas de turismo e rutas rurais ou conservas naturais, están intimamente ligadas ao territorio, ao tempo que incorporan as novas tendencias na xestión de proxectos.

Pola tarde, Ignacio Lema participou en Beade na clausura do programa de Diagnóstico e Plans de Acción, realizado tamén en colaboración con Incyde. Nesta iniciativa participaron 13 persoas, das cales 6 xa teñen proxectos en marcha, desde unha serie web utilizando canles de internet, produtos de cosmética natural xa recoñecidos cos premios AGADER ou unha escola de manualidade. O director de Xera destacou que todas estas iniciativas facilitan que a xente nova escolla o rura como o seu ámbito de vida.

En total, en toda Galicia, no marco da colaboración entre a Xunta e Incyde, formáronse 260 emprendedores, un 59% mulleres e un 40% pertencentes a colectivos con máis dificultades para atopar un emprego. A través desta iniciativa, o alumnado recibe formación e asesoramento que lle permite consolidar ou lanzar ao mercado os seus proxectos de negoc