Ensino

A Xunta inviste máis de 8 millóns de euros en centros educativos de Ourense

Son en conxunto 128 actuacións

Paco Sarria

Ourense | 19.09.2024 09:40

A Xunta inviste máis de 8 millóns de euros en centros educativos de Ourense
A Xunta inviste máis de 8 millóns de euros en centros educativos de Ourense | onda cero ourense

A Xunta de Galicia inviste ó través da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, máis de 8 millóns de euros na renovación de centros educativos.

Son en conxunto 128 actuacións en pequenas obras por importe de perto de 3 millóns de euros e 6 grandes obras como a renovación da cuberta do CEIP Castrelo de Miño, a renovación da carpinteiría do IES Celanova, a sustitución dos cadros eléctricos do IES 12 de Outubro, a ampliación do CIFP de Vilamarín, tamén do IES Blanco Amor e do IES Chamoso Lamas do Carballiño, no que son investidos 5,4 millóns de euros.

Coñecemos os datos na visita do delegado territorial da Xunta de Galicia, Manuel Pardo ó CPI Terras de Maside onde a Consellería investíu máis de 25 mil euros.

Pardo tamén salientou que este curso escolar será o primeiro no que Galicia implanta a "absoluta gratuidade" no ensino público.

¿Conoces el canal deOnda Cero en WhatsApp?

Únete ahora