VIVE A TÚA PROPIA HISTORIA CON GADASA

XXVI Festa da Cachucha no Carballiño

Será o domingo 1 de marzo e pechará a celebración do Entroido.

Onda Cero Ourense

Ourense | (Publicado 28.02.2020 11:54)

O Carballiño celebra a edición número 26 da súa festa da Cachucha
Festa da Cachucha no Carballiño | Onda Cero Ourense

O Carballiño acolle o domingo 1 de marzo a 26ª edición da Festa da Cachucha, unha tradicional cita coa que o municipio pecha a celebración do Entroido cada ano.

A xornada comezará ás 12 horas co desfile de disfraces. Xa ás 14 horas dará comezo o xantar da cachucha nos 26 establecementos de hostelería da vila que participan nesta edición, todo amenizado coa boa música das charangas Castro Bello, Doctor Anchoa, Noroeste e CLK que percorrerán as rúas da vila e os locais participantes.

Pola tarde, ás 17:30 horas comezará o gran desfile de folións, comparsas e charangas, no que participarán os Arrieiros de Petín, o Folión de Fradelo e o Folión de Tameirón. Por último, a partir das 19 horas o fin de festa correrá a cargo da orquestra D´Moda.

Vive a túa propia historia
Vive a túa propia historia | Gadasa