Falamos da campaña da Concellería de Igualdade neste 25-N coa concelleira Yoya Blanco e a directora do CIM, Rosa Campos. Na fachada da antiga Casa Consistorial e polas rúas da cidade, podemos ver a orixinal campaña gráfica con carteis circulares en cor negro e morado con consignas inspiradas no movemento feminista e nas manifestacións do pasado ano: ‘O silencio tamén mata’, “O machismo é terrorismo’, ‘As rúas e as noites tamén son nosas’ ou ‘O meu corpo non precisa da túa opinión’. Neste enlace directo á nosa web podes volver escoitar a entrevista con Susana Pedreira.