Andalucía, Venezuela e Brasil son os lugares do mundo aos que viaxamos a través da música en conexión permanente coa raíz pontevedresa. Cada quince días estamos alén do mar co músico pontevedrés Óscar Ibáñez grazas a historias musicais cheas de viaxes e de persoeiros pontevedreses. Neste podcast podes volver escoitar a sección con Susana Pedreira en "Más de Uno Pontevedra".