Bailamos muiñeira e falamos do significado da morriña na emigración co músico pontevedrés Óscar Ibáñez. Cada quince días estamos alén do mar na radio grazas a historias musicais cheas de viaxes e de persoeiros pontevedreses. Neste podcast podes volver escoitar a sección con Susana Pedreira en "Más de Uno Pontevedra".