A sexta onda da pandemia segue incrementando o número de casos activos na área sanitaria Pontevedra-Salnés. Ás portas do nadal a preocupación é crecente en diferentes municipios das nosas comarcas que comezan a revivir situacións similares ás de hai un ano. A incidencia comeza a rexistrar tinguiduras parecidas ao mes de decembro de 2020. Naquel mes, concellos como o de Pontecaldelas padecían duras restricións. Nesta ocasión, un ano despois, o goberno municipal decide reactivar o servizo atención a domicilio para pacientes Covid19.
(Entrevista íntegra de Andrés Díaz, alcalde de Pontecaldelas).