A última e marchamosAnxo Cabada e a fotografía a lume manso
Cada xoves tomamos a última con pontevedreses que nos falan dos seus proxectos. Unha charla coloquial e distendida que esta semana ten como protagonista ao fotógrafo estradense Anxo Cabada. Percorremos con el a mostra "Sombras Atlánticas. Retratos da arte galega" que ata o 15 de xaneiro permanece no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra.
Redacción
Pontevedra | 17.11.2022 15:32