Visita guiada ao Museo

O arquivo de Berta Cáccamo e a súa conexión coa traxectoria artística da pintora

Visitamos o Museo de Pontevedra e recíbenos o vicepresidente da Deputación, Rafa Domínguez. Para unha visita guiada á nova exposición “Berta Cáccamo. Correspondencias de arquivo”, comisariada por Juan de Nieves.

Redacción

Pontevedra |

Rafa Domínguez remarca “o papel do Museo de Pontevedra como institución cultural de referencia” e o comisario Juan de Nieves fálanos do relato da exposición e de varias das pezas imprescindibles nas que debemos fixarnos durante a visita. A mostra pode visitarse no Edificio Castelao do Museo ata o 9 de xuño e neste enlace directo á nosa web podes volver escoitar a visita no programa “Máis de uno Pontevedra”.