Entre micros e libros en Cronopios

Arturo Lezcano: "Necesitamos máis libros de xornalismo para explicar as cousas que nos interpelan como sociedade"

A cidade de Madrid no ano 1983 é o escenario ao que nos traslada Arturo Lezcano para facer memoria dun momento convulso no que todo se acelera: a postransición e o desencanto, o desembarco do poder absoluto do PSOE (representado en Madrid polo alcalde). Un ano clave no que se sentan as bases da España actual e que Lezcano converte en protagonista dunha crónica histórica necesaria para entender o que hoxe somos.

Redacción

Pontevedra | 08.02.2022 14:50