Sanidade

As enfermeiras pontevedresas asinan unha media de 500 contratos durante 12 anos como eventuais

As enfermeiras eventuais galegas seguen en loita contra a súa precariedade laboral e hoxe no programa visitounos Catuxa Lagarón, enfermeira en Pontevedra e membro do movemento "enfermeiras eventuais en loita". Acaban de lanzar un manifesto no que reivindican a defensa da Sanidade Pública, Universal e de Calidade e a necesidade de avanzar no recoñecemento da Enfermaría como disciplina autónoma. Aquí podes volver escoitar a entrevista con Susana Pedreira.

ondacero.es

| 10.07.2019 15:00 (Publicado 10.07.2019 06:00)