Inmellorables noticias para o concello de Meaño. A Xunta de Galicia acaba de confirmar a aprobación definitiva da modificación puntual número 2 do PXOM. Este avance na tramitación do documento de ordenación do territorio redunda na ampliación do polígono industrial da Pedreira. Grandes perspectivas para un dos municipios da comarca de O Salnés.
Segundo parece, a clasificación de usos do chan, moi restritiva na actual PXOM, amplíase nesta modificación puntual número 2. Esta decisión dá seguridade xurídica a actividades como talleres, servizos funerarios ou proxectos acuicolas.
(Escoita a entrevista íntegra con Carlos Vieitez, alcalde de Meaño)