O goberno da Deputación de Pontevedra aprobou un orzamento 2,2 puntos porcentuais sobre o 2020 ata situarse nos 164,5 millóns. De este importante monto, 21 millóns se destinan a reactivación cultural, entre outros. Para Carmela Silva, presidenta da Deputación, é unha evidencia da relevancia de este sector nas políticas públicas do ente provincial.
Silva avanza que 2021 será o ano da reactivación tras a aparición da pandemia. Nunha amplia conversa coa presidenta da institución provincial coñecemos qué fórmulas hai previstas para recuperar as constantes vitales do sector, a importancia do Ano Xacobeo, a actual situación das empresas ou a celebración de actividades culturais que non representan risgos ante a pandemia do coronavirus.