Un 54,8% do total do alumnado do sistema universitario español son mulleres, a súa presenza nas titulacións técnicas como enxeñerías e arquitectura é só do 25%, unha cifra que nalgunhas titulacións mesmo se reduce ao 8%. Analizamos a presenza das mulleres nas STEAM e coñecemos os proxectos da Deputación de Pontevedra para fomentar a perspectiva de xénero. Neste enlace directo á nosa web podes escoitar o programa especial coa presidenta Carmela Silva e dúas científicas da Universidade de Vigo: Mari Lires, Doutora en Química, e África González, catedrática en Inmunoloxía.