Máis de Un Pontevedra Carmen González e Carolina Sertal gañan os primeiros premios “Mulleres que Opinan”
Os premios “Mulleres que Opinan”, convocados pola Deputación e o Concello de Pontevedra ao abeiro do foro “As Mulleres que Opinan son Perigosas” e que buscan promover o exercicio da opinión xornalística e fomentar o nacemento dunha nova canteira de mulleres opinadoras, xa teñen gañadoras. Carolina Sertal Souto, co artigo “As voces perdidas”, e Carmen González Magdaleno, con “La ventaja de ser mujer”, acadaron estes galardóns nas modalidades de escrita en galego e castelán, dotados con 1.000 euros cada un, nesta súa primeira edición
Redacción
Pontevedra | 31.05.2023 14:06