Último día de febreiro. En cuestión de horas estreamos o mes de marzo con sinaladas datas no calendario como 8 de marzo, Día Internacional da Muller. Por exemplo, no concello de Cambados, quere fuxir dunha celebración dun día e estenderá a tres meses as actividades de concienciación ou reivindicación e tamén lúdicas. Deste xeito, esta necesaria incidencia de loita contra a discriminación e o machismo percorrerá marzo, abril e deterase en maio.
(Escoita a entrevista íntegra a Samuel Lago, alcalde de Cambados)