Reivindicación da diversidade

O concello de Lalín celebra un intenso programa do 'Orgullo LGBTI'

Actividades lúdicas, música e rúas decoradas forma parte dun fin de semana dedicado a liberdade sexual e o dereito de elección.

Redacción

Pontevedra | 24.06.2021 14:40

Todo preparado no concello de Lalín para a celebración do Orgullo LGBTI. Esta próxima fin de semana o espírito da diversidade, por fin, volverá estar presente nas rúas cunha programación cultural e musical para todos os públicos. A partir deste venres, as rúas van estar decoradas con grilandas, con cartelería especifica, cunha implicación importante do sector da hostalería.

Os emprazamentos principais localízanse na Praza dá Igrexia, a rúa Rosalía de Castro e o Parque de Loriga. Conversamos con Begoña Blanco, concelleira de Cultura de Lalín