Nova edición do programa do Día da Galiza Mártir, que o Concello de Poio organiza, en colaboración coa fundación Alexandre Bóveda, para lembrar e reivindicar a figura do histórico político galeguista, fusilado na Caeira no verán de 1936, ao inicio da Guerra Civil.
Hoxe, o monumento erguido na Caeira é o escenario dos actos centrais da homenaxe a Bóveda cando se cumpren 85 anos do seu fusilamento, o 17 de agosto de 1936.
Escoita a entrevista con Marga Caldas, concelleira de Memoria Histórica de Poio.