Máis de Un Pontevedra"Ecoinnova Poio": un programa de asesoramento para mellorar o aforro enerxético entre a cidadanía
Convidamos ao concelleiro de Promoción Económica e Urbanismo de Poio, Gregorio Agís, para coñecer o programa Ecoinnova Poio, unha iniciativa pioneira no concello que ten coma obxectivo mellorar e optimizar o aforro enerxético, incidindo na innovación sostible. Tamén nos acompañan Mariem Filgueira, de Sherpa Empresarial, encargada de desenvolver este programa, e o asesor enerxético Diego Padín. Anotamos en axenda as dúas sesións grupais que se celebrarán os días 14 e 20 de decembro ás 20.00 horas, no Casal de Ferreirós e no Centro de Formación da Reiboa. Máis información na web www.ecoinnovapoio.gal.
Redacción
Pontevedra | 12.12.2022 14:13