Concelleria de Igualdade en Cambados

Fátima Abal: "O programa Galegas Dixitais é moi necesario para avanzar contra a desigualdade no mercado laboral"

A concelleira de Igualdade de Cambados considera fundamental apostar polas novas tecnoloxías e potenciar novas habilidades e competencias de mulleres en paro. Unha iniciativa permite formarse durante os meses de outubro e novembro.

Redacción

Pontevedra | 09.09.2022 15:00

A dixitalización e a ruptura da brecha de xénero é un dos eixos nos que se basea o programa 'GalegasDixitais', que aterrará en Cambados os próximos meses de outubro e novembro para ofrecer unha formación gratuíta e completa para dotar de ferramentas e aptitudes dixitais a mulleres que se atopen rexistradas como demandantes de emprego.

O programa ofrece un itinerario formativo deseñado para ir avanzando desde un nivel básico ata un máis avanzado, de 40 horas cada módulo. Ademais, inclúese un módulo transversal sobre igualdade de oportunidades.

(Escoita a entrevista íntegra con Fátima Abal, concelleira de Igualdade de Cambados).