Concello de Soutomaior

Fátima Vidal: "Estreamos unha feira do libro con moita ilusión"

A concelleira de Educación do municipio de Soutomaior agradece que esta primeira experiencia conte coas principais editoriais galelgas e autores e autoras locais.

Redacción

Pontevedra | 19.04.2022 15:22

O concello de Soutomaior centro vivirá con intensidade a Feira do Libro. Nesta ocasión, as casetas estarán instaladas ata o sábado, 23 de abril, no corazón do municipio, na Alameda Tallo Río. Máis de oito puntos de exposición, venda e encontro con autores forman parte da edición deste ano da Feira do Libro, en Soutomaior.

(Comentamos esta interesante cita con Fátima Vidal, concelleira de Educación de Soutomaior).