Iniciativa municipais

A fotografía convértese no canle de promoción turística de Lalín

Begoña Blanco, concelleira de Turismo lalinense, considera que a imaxe conta cunha relevante capacidade de transmitir información e emocións sobre unha experiencia turística.

Redacción

Pontevedra | 28.07.2021 08:29

I Concurso de fotografía turística do concello de Lalín. Poden participar todas as persoas maiores de idade, xa sexan veciños de Lalín, visitantes, fotógrafos profesionais e afeccionados. A bases admiten un máximo de 4 fotografías por persoa.

O principal obxectivo desta iniciativa centrase na promoción e difusión de Lalín como destino turístico a través da fotografía, así como a posta en valor dos seus múltiples recursos turísticos.

Escoita a conversa con Begoña Blanco, concelleira de Turismo do concello de Lalín.