Entrevista electoral

Iván Puentes: “Son moi de rúa, a min a casa quéimame”

Citámonos co candidato do PSdG á alcaldía de Pontevedra, Iván Puentes, na cafetería El Pasaje para coñecelo máis de cerca á marxe do seu programa electoral. Descubrimos que en 1999 entrevistou a Lores cando era candidato á alcaldía e el un estudiante na facultade de Ciencias da Comunicación de Pontevedra. Cóntanos que desde neno tivo inquedanzas políticas e entrou na actividade orgánica de partido aos 18 anos en Fene mentres estudiaba xa en Pontevedra. Confesa que ten medo á morte e a sentirse só pero que é un home de 43 anos feliz a pesar da crise dos corenta na que aínda vive. Durante a conversa, toma con Susana Pedreira un viño Oporto e unha torta de chocolate que el mesmo pediu para compartir con ela.

Redacción

Pontevedra | 23.05.2023 14:09

Neste enlace directo á nosa web podes volver escoitar a entrevista con Susana Pedreira desde a cafetería El Pasaje de Pontevedra.