CITA A CEGAS NO MUSEOJosé Manuel Rey: "Santa Clara estará aberto por obras, queremos que a cidadanía coñeza os traballos arqueolóxicos"
Hoxe pechamos a nosa temporada de citas no Museo de Pontevedra co seu director, José Manuel Rey, como guía. Citámonos no Convento de Santa Clara para facer unha visita e coñecer os traballos arqueolóxicos que comezarán a semana que vén. O estudo arqueolóxico e histórico analizará 15.417 metros cadrados de superficie do complexo conventual cun amplo equipo de traballo multidisciplinar que estará formado por 20 persoas, entre as que haberá arqueólogas, restauradoras, antropólogas, historiadoras, documentalistas e outro persoal técnico.
Redacción
Pontevedra | 15.06.2022 14:30