Luís Rei: "Cos meus primeiros poemas intentaba cambiar o país e convencer ás mozas que me gustaban para que me fixesen caso"
O candidato de Marea á alcaldía de Pontevedra citouse con Susana Pedreira no Hotel Rías Bajas para una entrevista persoal. Naceu na Coruña pero vive en Pontevedra desde hai 36 anos, e non esquece a infancia marcada polo mar nunha aldea de Muros á que aínda volve con frecuencia cando precisa atoparse consigo mesmo para escribir. Durante a conversa coñecemos a un escritor e xornalista que confesa ter votado a Lores no pasado e que se define como un home clásico no gusto literario e en moitas outras cousas da vida. Luís Rei volve ser candidato á alcaldía de Pontevedra este 26 de maio e nesta entrevista podes coñecelo mellor.