Hoxe visitamos a Xunqueira de Alba co concelleiro de Desenvolvemento Sostible, Iván Puentes, e co biólogo Vítor Xosé Cabaleiro. Coñecemos o traballo de seguimento realizado polo biólogo durante a última primavera verán e que permitiu actualizar a lista histórica de aves avistadas no ENIL. O estudo que acaba de facer público o Concello inclúe tanto as especies que viven nesta contorna todo o ano como as que veñen en primavera para criar e aquelas migradoras (que non crían, pero que utilizan o ENIL para descansar e alimentarse na súa viaxe migratoria). Neste podcast podes volver escoitar a conversa con Susana Pedreira en "Más de Uno Pontevedra".