María Ramallo: "Imos ter proxecto para un novo auditorio en Marín este ano"
A alcaldesa de Marín cumpre no mes de maio 25 anos na política local e con ela estreamos unha nova temporada de almorzos informativos desde o Hotel Rías Bajas de Pontevedra. Repasamos con María Ramallo os obxectivos que se marca para este 2020 e os retos a conquerir durante o seu terceiro mandato como alcaldesa. Por exemplo, o proxecto para un novo auditorio estará listo este ano, unha infraestrutura cultural moi demandada en Marín. Ademais, Ramallo sinala como prioridade a reforma da Avenida de Ourense unha vez rematadas as obras do novo colector. Durante a conversa, a alcaldesa tamén nos adiantou os seus plans para mellorar ao longo do mandato o problema de aparcamento na vila coa construción dun parking subterráneo e a aprobación dunha ordenanza que regule o aparcamento en superficie. Neste podcast podes volver escoitar a entrevista con Susana Pedreira.