Almorzo no Hotel Rías Bajas María Ramallo: "A nivel persoal teño tomada a decisión de volver ser candidata á alcaldía en 2023"
Cada martes convidamos a almorzar con nós aos protagonistas da actualidade local. Hoxe volvemos ao Hotel Rías Bajas e entrevistamos á alcaldesa de Marín. María Ramallo confirma a súa intención de volver ser candidata á alcaldía en 2023. Durante a entrevista, falamos de actualidade municipal e tamén dos retos aos que se enfrontan os concellos medianos como Marín despois da pandemia e coa crise de abastecemento e da enerxía sobre a mesa.
Redacción
Pontevedra | 09.11.2021 14:04