Abrimos o programa repasando a actualidade do día e conversando co vicepresidente da asociación Músicas ao Vivo, Xabier Mera, sobre a gala dos Premios Martín Códax que esta noite se celebra en Pontevedra. Buscamos a previsión metereolóxica e, no tempo da entrevista, convidamos á delegada da Xunta, Luisa Piñeiro. Completamos o programa en compañia do músico Óscar Ibáñez coa súa sección de historias musicais: "Alén do Mar". O peche dos mércores trae unha pequena historia escondida nas páxinas dun libro coa voz de Carmen Quinteiro.