Restan horas para que Vilagarcia acabe inmersa nunha nova edición das festas dedicadas a San Roque. Un novo ano a vila ten a oportunidade de disfrutar, con intensidade, dun programa cheo de actividades que van dende o lúdico e festivo ata o máis cultural: concertos, animación de rúa, desfiles ou a agardada festa da auga.
Con esta cita, a vila ten por diante doce días repletos dunha atmósfera moi especial e propicia para disfrutar de momentos e experiencias únicas.
(Escoita a entrevista con Alberto Varela, alcalde de Vilagarcia).