ALMORZO INFORMATIVO

Ribadumia celebra a Festa do Pan agardando a súa declaración de interese turístico de Galicia

O alcalde de Ribadumía, David Castro, nun almorzo informativo no Café-Bar Carabela, confirmou importantes avances na declaración de interés turístico de Galicia da Festa do Pan

Juan de Sola

Pontevedra |

Un dos eventos máis relevantes do verán no concello de Ribadumia é a Festa do Pan. A cita está programada para o próximo 10 de agosto na Carballeira da localidade. Trátase dunha ocasión moi especial porque será a última antes de recibir a sua declaración de interese turístico de Galicia.

Esta festa chega xa a sua XXI Edición coa previsión de que 1.300 persoas participen da degustación dun producto moi tradicional e vinculado a un dos concellos da comarca do Salnés de incalculable riqueza cultural e natural.

(Escoita a entrevista completa con David Castro, alcalde de Ribadumia)