O Concello de Lalín logra acabar coa hexemonía das grandes urbes galegas e prepárase para acoller a gala dos XXIII Premios Mestre Mateo, que se celebra este sábado no Lalín Area. Por primeira vez na historia destes recoñecementos levarán a cabo fóra das grandes cidades, destacando a importancia de descentralizar a cultura e achegala a todos os recunchos do territorio.
Trátase dunha oportunidade á vez que unha reivindicación para mostrar que a cultura tamén florece en contornas rurais, e que Lalín é un exemplo diso.
Este inédito feito conta co apoio da Deputación de Pontevedra, Xunta de Galicia e do concello de Lalín. De feito, o seu alcalde José Crespo exhibiu, en todo momento, unha inevitable satisfacción, coa absoluta seguridade de que Lalín estará á altura deste importante evento cultural.
A cerimonia, que será retransmitida en directo por TVG, contará coa presenza de destacados profesionais do audiovisual galego e espérase que sexa unha noite memorable para a cultura galega.
(Escoita a entrevista íntegra con José Crespo, alcalde de Lalín)