Abrimos o programa coa actualidade deste mércores, marcada polo naufraxio do Argos Georgia cun supervivente pontevedrés. Escoitamos o que a rúa responde e buscamos a previsión do tempo de praia en praia con Noa Pichel a Natalia Cons. Conversamos co delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, e falamos de deporte desde o Hotel Rías Bajas con Victor Riobó. Ademais, completamos o programa visitando Moraña para a Festa do Carneiro ao Espeto desta fin de semana.