Abrimos o programa coa actualidade desta xornada de venres marcada pola posta en servizo do primeiro tramo da autovía A-57. Conversamos co portavoz municipal do PSdG no Concello de Poio, Gregorio Agís, e buscamos a previsión do tempo para as vindeiras horas. Como cada venres, recibimos a visita de Carmen Quinteiro e marcamos unha axenda cultural e de ocio para a última fin de semana do ano que temos por diante.