PROGRAMA COMPLETO

Más de Uno Pontevedra 31/05/2024 Especial Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia en Silleda

Programa especial desde Semana Verde de Galicia en Silleda. Conversamos co director, Ricardo Durán, e coñecemos moitos proxectos que ata o domingo teñen presenta na Feira.

Lorena Páramo

Pontevedra | 31.05.2024 15:03

Abanca Semana Verde reúne a 746 expositores directos que supoñen a súa mellor cifra en 17 anos e inclúen récords en turismo e alimentación.

Nesta edición volverá destacar o seu amplísimo programa, con máis de 200 actividades distintas, moitas das cales se repetirán ao longo do certame e entre as que haberá numerosas novidades. Ademais, a feira rexistra novos récords nos salóns de alimentación e turismo. Así, Salimat Abanca, consegue a súa maior cifra de expositores, con 277 empresas que superan nun 3,3% a súa mellor edición, a de 2022. Pola súa banda, Turexpo Galicia, chega aos 98 expositores e unha superficie de 1.624 metros cadrados, o que supón respectivamente un 3,1% e un 2,6% máis que na súa mellor edición, a do ano pasado.

Escoita o programa conpleto onde conversamos con Ricardo Durán, Manuel Araujo, Jacobo Pérez, Miguel de la Calle Bermejo e Ana Rico.