Consumo responsable

Mercado Ecolóxico e Artesanal no concello de Bueu

Nova cita no concello de Bueu coa mostra de productos de elaboración ecolóxica e artesanal que respetan os máximos criterios de responsabilidade co medio ambiente e os recursos naturais

Redacción

Pontevedra |

O Concello de Bueu celebra este domingo, 17 de novembro, unha nova edición do Mercado Ecolóxico e Artesanal, que terá lugar na carpa dos Xardíns de Urbano Lugrís – As Lagoas e no que se poderán mercar durante toda a xornada produtos ecolóxicos, gastronómicos e artesanais, ademais de disfrutar de actividades diversas.

O mercado está composto dunha vintena de postos nos que estarán representados sectores de alimentación, artesanía, comercio xusto, saúde e benestar, queixos, meles, viños, pan, embutido ou horta, entre os que a cidadanía poderá mercar en horario ininterrompido de 11 a 20 horas. Ademais, e como vén sendo habitual, ao longo de toda a xornada están previstas varias actividades a través das que ofrecer tamén alternativas para pasar o día en familia.

Por outra banda, o fin de semana do 23 e 24 de novembro, na mesma ubicación do concello de Bueu, celébrase o mercado de nadal, unha importante aposta municipal por potenciar e promocionar o comercio local ante outras fórmulas máis agresivas e pouco beneficiosas coa economía de proximidade.

(Escoita a entrevista completa con Silvia Carballo, concelleira de Promoción Económica e Turismo de Bueu)