Visita ao Museo de Pontevedra

Un percorrido por seis décadas de escultura de Acisclo Manzano

O Museo de Pontevedra acolle a exposición ‘Acisclo en 66 obras’, unha mostra composta por pezas representativas da evolución artística dun dos escultores galegos máis relevantes da segunda metade do século XX.

Susana Pedreira

Pontevedra |

A nova exposición do Museo percorre a traxectoria creativa de Acisclo Manzano desde o expresionismo figurativo dos seus inicios ata alcanzar case a abstracción. Pode visitarse no Edificio Castelao ata o 2 de febreiro de 2025.