A asociación de empresarios e comerciantes Emgrobes desenvolve a súa campaña de “volta ó cole”, que busca incentivar as compras no comercio local durante a primeira quincena do mes de setembro. Para lograr este obxectivo procédese ao sorteo de vales de compra trocables no propio comercio local. Ademais, a campaña finalizará coa celebración dunha festa infantil, se o tempo permíteo, na Praza do Corgo.
Este importante colectivo pretende contribuir a reducir os efectos do incremento dos prezos do material escolar de inicio deste curso 2024-2025.
(Escoita a entrevista completa con María Gómez, xerente de Emgrobes)