Vén mercar á praza de Abastos!

Unha visita ao Mercado: marisco, carne, bacallau, flores, pan, froita e ata xoias

Coa chegada do Nadal, citámonos na Praza de Abastos de Pontevedra coa concelleira de Promoción Económica, Anabel Gulías e a presidenta da nova Asociación de concesionarias, Begoña Laya. Conversamos con praceiras e praceiros e coas persoas que están facendo as súas compras.

Susana Pedreira

Pontevedra |

"Vén mercar á praza de Abastos!" é a nova campaña de dinamización da praza neste Nadal. Por vez primeira, o Concello entregou un folleto en todos os domicilios de Pontevedra animando á veciñanza a achegarse ao Mercado con dúas ideas: é necesario un compromiso de todos para seguir revitalizando a praza, e, en segundo lugar, é necesario que se produza un relevo xeracional do perfil da xente que vai comprar. Ademais, a Asociación de concesionarios tamén está a promover a entrega de rifas entre os seus clientes para gozar dunha fin de semana nun balneario de Galicia. Neste enlace directo á nosa web podes volver escoitar o programa especial con Susana Pedreira desde o Mercados de Abastos de Pontevedra.