Más de Uno Pontevedra (03-10-2019)
Abrimos o programa falando dos pequenos empresarios e emprendedores Pontevedreses con Jesús Rey, presidente de AJE, e Alexandra Garrido, coordinadora do XXIV Premio Xove Empresario do Ano. Buscamos a predicción do tempo e "poñémonos verdes" para adiantarnos á celebración do II Foro de Economía Circular no Pazo Quinteiro da Cruz (Ribadumia). Tamén nos acompaña hoxe o guionista e director cambadés, Juan Galiñanes, cun novo documental no que a ría Arousa é a protagonista: "Mariñeiro". Completamos o programa falando de saúde coa presidenta de ASEARPO, Mabel Avendaño.