Abrimos o programa coa actualidade do día e buscando a previsión metereolóxica para as vindeiras horas. Conversamos co concelleiro de Deportes de Pontevedra, Agustín Fernández, sobre a San Silvestre deste ano. Visitamos o Concello de Caldas en compañía de Manuel González, responsable de medio ambiente e tenente de alcalde. Ademais, temos a última cita do ano con Raquel Pedrouso e, como cada mércores, botamos "o peche" coa voz de Carmen Quinteiro.