Entrevistas Rías Bajas

"Nos anos oitenta chegamos a EEUU e Clint Eastwood vestiu de Florentino"

Esta semana o convidado no Hotel Rías Bajas é o lalinense Florentino Cacheda, deseñador de moda e fundador da empresa "Florentino". Durante a conversa, contounos que escapou a Barcelona cando era mozo para estudar moda, alí formouse en patronaxe e deseño feminino porque sempre lle interesou máis vestir á muller, a pesar de que despois a vida levouno a especializarse en moda masculina. Aos seus 82 anos segue coa mesma ilusión coa que comezou a montar talleres de costura polas parroquias de Lalín nos anos 60, antes de poñer a funcionar a súa fábrica. Unha ilusión que transmite na voz e na mirada cando fala do seu paso por EEUU nos anos 80, cando ata Clint Eastwood namorou dos seus deseños. Neste podcast podes volver escoitar a entrevista con Susana Pedreira.

ondacero.es

|