‘Percorrido á Liberdade’ inaugura o programa do 25N en Pontevedra
A concelleira de Igualdade, Paloma Castro, estivo hoxe con nós para presentarnos o programa de actividades deseñado con motivo do 25N, Día Internacional Contra a Violencia Machista. A campaña ‘Percorrido á Liberdade’, destinada a axudar ás vítimas para coñecer o itinerario cos pasos que deben seguir cando se denuncian casos de agresión ou abuso, inaugura hoxe o amplo programa que se extende ata final de mes. Neste podcast podes volver escoitar a entrevista en "Más de Uno Pontevedra".