Como todos os venres, presentamos a axenda cultural da comarca. Dende aquí, damos a benvida a esta primeira semana de agosto, que vén cargadiña de actividades culturais. Se non teñen plan para estes días, non se preocupen, que nós traemos todo o necesario para gozar dunha cultura segura, xa sexa na súa localidade ou na veciña. Eventos en Pontevedra, Caldas, Vilanova, Bueu, e moito máis.
En Pontevedra O son da rúa segue inundando a cidade e estamos a piques de dar o pistoletazo de saída ás festas da Peregrina. En Caldas, a cultura segue QUENTE. Este mes está prevista a celebración do festival Kaldarte, ademais de outras actividades con motivo das festas patronais. Vilanova celebra a súa décimo sétima edición da festa do Mexilón e do Berberecho. Ademáis, dentro da programación de SONATAS DE VERÁN, novos concertos no Xardín Umbrío. Tamén, o Son Rías Baixas volta un ano máis a Bueu. E, en Vilagarcía de Arousa, fin de semana de humor galego.