Cultura segura

Pontecaldelas inunda de música o veran co programa 'Noites de terraza'

Disfrutar dunha actuación musical sen risgos sanitarios é un dos obxectivos do goberno municipal. Este programa repite o mesmo formato do pasado ano que deu moi bos resultados.

Redacción

Pontevedra | 01.06.2021 14:41

Reactivación cultural en concellos da comarca. Ponte Caldelas diseña unha interesante fórmula para apostar, de novo, pola cultura segura na temporada estival co programa ‘Noites de Terraza’.

A edición deste ano serán tres meses de música que se iniciarán o venres 18 de xuño e finalizará o sábado 11 de septembro. A proposta musical será moi variada, para todos os gustos e para todos os públicos.

Conversamos sobre esta iniciativa con Andrés Díaz, alcalde de Pontecaldelas.