Pontevedra en la Onda (27-02-2017)
A actualidade do día marcada polas reunións entre Rueda e Lores, Silva e Feijoo centra a nosa atención na primeira parte do programa. No tempo da entrevista falamos coa avogada María Cobián sobre "pactos sucesorios". Como cada luns poñémonos ao día en materia deportiva con Rubén Rey, con espazo de motor incluído. E o ritmo que precisa este inicio da semana chega ao programa cunha nova edición de "Cántamo... en galego!"