Yoya Blanco e Iván Puentes

Pontevedra promociona as excelencias turísticas na Feria Intur de Valladolid

A concelleira de Promoción Económica e Turismo e o concelleiro de Desenolvemento Sostible participaron nunha nova edición de Intur coa misión de poñer en valor a gastronomía, cultura e patrimonio natural de Pontevedra.

Redacción

Pontevedra | 18.11.2022 15:31

Esta semana Pontevedra foi unha das candidatas para converterse en Capital da Gastronomía do Estado español. Ao final, quedou ás portas da aspiración de ser un referente da alta cociña a nivel estatal. O xurado decidiu que Cuenca fose a elixida despois de tres intentos.

Ainda así, o concello de Pontevedra segue apostando por fomentar unha imaxe da cidade como a capital da gastronomia en Galicia. Nesta liña, a concelleira de Promoción Económica e Turismo, Yoya Blanco, e o concelleiro de desenvolvemento sostible, Iván Pontes, participaron na feira Intur que se celebra en Valladolid, amosando todos os valores e recursos de Pontevedra en materia turística e medio ambiental.