O concello de Poio foi un dos municipios máis castigados por esta terceira ola da Covid 19. Durante semanas estivo sufrindo as máximas restriccións sanitarias con limitacións na mobilidade e nas relación sociais. Dende fai uns días, a vida do concello recupera algo da ansiada normalidade como a reapertura dos establecementos de hostaleria e extensión do horario comercial.
Ademáis de políticas para recuperar a economía tamen se desenvolven proxectos, de diverso financiamento, relacionados co saneamiento municipal, así como un estudo para catalogar o patrimonio medio ambiental da Illa de Tambo. Con este esforzo se persigue lograr a transferencia da Illa cara o concello de Poio.