Máis de Un Pontevedra Puentes: "Pontevedra aspira a converterse na sede dun encontro europeo da alianza Greening Cities"
Visítanos o concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Medio Natural, Iván Puentes, para coñecer a proposta plantexada no marco do Cities Forum 2023 que se celebrou en Turín: Pontevedra postúlase en 2023 como sede dun encontro da alianza Greening Cities e dun congreso que reunirá aos principais responsables da Comisión Europea en materia de renaturalización de cidades e loita contra o cambio climático. Puentes explicounos que tivo unha moi boa acollida por parte dos coordinadores da rede comunitaria e vese reforzada pola presidencia española do Consello da UE durante o segundo semestre deste ano.
Redacción
Pontevedra | 23.03.2023 14:40