Más de Uno Pontevedra

As rúas e as árbores de Pontevedra berran contra a violencia machista.

Baixo o lema ‘Xa abonda de minutos de silencio’, a Concellería de Igualdade e o CIM de Pontevedra volven alzar a voz para conmemorar o 25 de novembro, Día Internacional pola Eliminación da Violencia contra as Mulleres.

Lorena Páramo

Pontevedra |

Xa podemos ver polas rúas da cidade a orixinal campaña gráfica con carteis circulares en cor negro e morado con consignas inspiradas no movemento feminista e nas manifestacións do 25N de 2019: ‘O silencio tamén mata’, “O machismo é terrorismo’, ‘As rúas e as noites tamén son nosas’, ‘O meu corpo non precisa da túa opinión’, ‘Hai homes con medo ás mulleres sen medo’, ‘Cada 15 segundos unha muller é agredida no mundo’ ou ‘Un maltratador non é un bo pai’. Falamos da campaña e do traballo en materia de igualdade en Pontevedra coa concelleira Yoya Blanco e a axente do CIM, Mercedes Renda. Neste enlace directo á nosa web podes volver escoitar a entrevista con Susana Pedreira.